Entrevista ó ex-celtista José Fontán, que se incorporou ó Arouca de Portugal tras permanecer 13 anos no club celeste. Repaso ós movementos no Racing de Ferrol, coa entrada de 2 xogadores, e nos equipos da 1ª e 2ª FED Entrevistas ós galegos Miki Villar, que fichou por un club da máxima categoría no fútbol polaco, e Víctor Eimil, que renovou no Real Unión. Impresións do galego Joselu Mato sobre o próximo partido da selección contra Alemaña na Eurocopa. A lista oficial da selección española de atletismo nos Xogos Olímpicos inclúe a 7 galegos, 5 mulleres e 2 homes. Conversamos con Yulemnis Aguilar, que confirmou o seu soño tras moitas complicacións.