Comentamos a vitoria do Obradoiro en Palencia falando co adestrador compostelán, Moncho Fernández, e co xogador, Rigoberto Mendoza. Asistimos á presentación do equipo feminino do Celta: "As Celtas". Escoitamos ao xogador do Racing, Iker Losada, falar do seu futuro. Anxo Tato e Andrés Vieites fan as contas do descenso na 3 RFEF e as categorías inferiores. Entrevistamos a Pablo Crespo, o padexeiro pendente dunha decisión administrativa para saber se participa nos XX.OO.