Entrevista á regatista galega Támara Echegoyen, que será abandeirada de España nos Xogos Olímpicos, xunto a Marcus Cooper. Na conversa comparte o seu desexo de buscar novos retos tras a cita de París. Celebramos o sexto título de liga no futbol sala feminino do Burela en conversa, na festa, coa xogadora Antía Pérez e o presidente do equipo Manuel Blanco. Repaso ós últimos movementos no fútbol galego, con declaracións de Alvaro García Diéguez, que abandona a presidencia do Deportivo. Entrevista ó director deportivo do Vizela, o equipo portugués interesado en Héber Pena.