Un total de 73 persoas das 100 que participaron no Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui traballaron ao longo do programa. Así o explicaba hoxe a concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, destacando o balanzo positivo deste programa que rematou o pasado xoves día 31. Tamén falou da charla informativa que ás 14 h terá lugar na Sala Félix Rodríguez sobre a Rede de Comercios no Camiño. E anuncia os cambios xa este xoves no mercado semanal, que deixará de ocupar a rúa Ourense.