Onte reuniuse a Comisión Permanente Internacional do Río Miño, que é o seu máximo organismo de control e coordinación. O Comandante Naval do Miño, Enrique García, quixo facer fincapé nas boas relacións entre as autoridades a ámbalas beiras do Miño e explicou os acordos e decisión que se tomaron na reunión, entre as que se atopa a redución do custe das licencias de pesca profesional preto dun 50 por cento.