O Teatro Municipal de Tui acolle esta mañá unha homenaxe a Indalecio Pérez Tizón, cando se cumpren cinco anos do seu pasamento. A comunidade educativa do instituto no que foi profesor, e hoxe leva o seu nome, preparou distintos actos dos que daba conta o profesor Manuel Rosende. Nos mesmo participarán ex alumnos como o guitarrista Samuel Diz, que presenta o seu álbum, a directora da premiada curtametraxe Aurelia, Milena Martínez ou a ex alumna Laura Villaverde, que dirixirá a comedia “crónicas dun café”. Tamén haberá actuacións de pandereteiras e gaitas, ballet, proxección de vídeos e recitais de poesía. A gala terá lugar entre as 11.45h e as 13h.