Malestar no Club Bádminton Tui polo reparto dos horarios no uso dos pavillóns xa que lles foi asignado polo concello un día 5 horas, repartidas entre o pavillón do IES San Paio e o pavillón de Guillarei, cando prefiren dos días dúas horas e media. Así o explicaba hoxe a súa presidenta Marisa Giráldez.
Agardan nos próximos días poder reunirse cos responsables municipais para explicarlles a súa situación.