Mañá ás 22h na Praza do Seixo terá lugar o acto de presentación da candidatura final do Grupo de Desenvolvemento Local GDR 14, que opta a xestionar entre 3 e 5 millóns de euros do Porgrama LEADER Galicia 2014-2020.
O acto consistirá nun concerto a cargo do grupo Weli Kings, E coma acto simbólico da finalización do proceso participativo o público asistente terá a misión de facer unha solta de farolillos, que iluminará durante uns minutos o ceo de Tomiño. Contounolo Sandra González, alcaldesa de Tomiño e presidenta do GDR14.