Coruña Hacks 2019"
www.mancomun.gal
16/05/2019
Formato ogg
Coruña Hacks 2019"
Formato mp3
Coruña Hacks 2019"
Entrevistas no Coruña Hacks 2019 a participantes, organizadores e patrocinadores.
Coruña Hacks é unha Iniciativa impulsada por GPUL, Coruña Developers e Árticos, consiste nunha serie de hackathons regulares nos que desenvolver proxectos baseados en software e hardware libre.
00:44 - Pablo Castro e Pablo Cancelo, organizadores do evento.
05:29 - Millán, Alberto, David e Brais fálannos do seu proxecto "OpenSmartFitness" plataforma libre e aberta para controlar de xeito privado a información xerada por dispositivos que monitoricen a nosa actividade física.
06:50 - Pedro e Borja, do proxecto "subastasAEAT", monitorización das poxas publicadas pola Axencia Tributaria.
08:52 - Pablo Cancelo e Jesús Perez Roca do proxecto "Coruña Tech", Plataforma web común para todas as comunidades tecnolóxicas da Coruña.
10:30 - Membros de Empathy(https://www.empathy.co/), unha das empresa patrocinadora de Coruña Hacks.
Máis información sobre o evento:
Artigo en mancomún
A música que usamos neste programa é de Jason Shaw de audionautix.com, está baixo licenza Creative Commons License 3.0 Atribución.
Feed de subscripción:
http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast
Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0.
Recomendamos usar a app AntennaPod para xestionar os teus podcasts en Android.