09 - Debian 10
11/07/2019
Xa dispoñemos dunha nova versión de Debian, o sistema operativo universal, esta corresponde á versión estable número 10 co nome en clave “Buster”.
Debian 10
Formato ogg
Formato mp3
Debian é unha das distribucións máis veteranas de GNU/Linux, con máis de 25 anos detrás dela. É a nai de moitas outras como poden ser Ubuntu, Linux Mint.
Trátase dunha distribución comunitaria, sen ningunha empresa detrás dela, deixando á marxe patrocinios e doazóns.
Vamos aprender máis sobre esta distribución e descubrir as novidades que trae, grazas ao noso compañeiro Brais de Mancomún.
00:16 – Presentación
01:15 - Coñecendo a Brais
02:46 - Novidades de Debian 10
05:15 - Ramas de desenvolvemento
07:13 - Diferentes núcleos de Debian
08:40 - Que motiva á xente a colaborar no proxecto?
11:05 - Despedida
As músicas usadas neste programa foron:
- Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY
- Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Feed de subscripción: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast
Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0