
Sign up to save your podcasts
Or


Hai profesións e profesións nos videoxogos, pero a da avogacía temos que darlle o mérito a esta franquía de que tivese a súa popularidade. A tradutora Ana del Valle cóntanos máis sobre Phoenix Wright: Ace Attorney
Toca ir a ambientes fantastico-medievais da man de Rita C. no Elder Scrolls Oblivion. Xogo saído na 7ª xeración para Windows, XBox360 e PlayStation3.
Viaxamos até o caribe da man de @VictorGrandeComico e o Assassin's Creed Black Flag, a cuarta entrega numerada saída para a séptima xeración (PS3, XBox360 e Windows). E que ten como fortalezas unha maior liberdade de exploración e os enfrontamentos nos barcos.
Imos a Exipto a poñer orde no xogo que nos trae o @fer_linaresv : Pharaoh, un xogo de estratexia publicado por Sierra que seguiu a senda de xogos como Caesar ou Sim City para Windows.
Hoxe temos un capítulo distinto e repetitivo á vez ao adentrarnos no mundo do Returnal, un Rogue Like de alto presuposto para PS5 e Windows que agocha unha historia ben interesante, como nos conta @Iago Gordillo neste capítulo.
Alien Storm foi un dos Arcades de Sega que deu o salto ás súas consolas 8 e 16-bit. Nesta última foi onde Paula Rivera o descubriu e acolleu como un dos seus xogos máis importantes.
GTA San Andreas marcou un antes e despois dos xogos de mundo aberto e os Sandboxes. Intentamos recordar algunha das súas chaves e coñecemos unha anécdota relacionada con el da man do xornalista Gabri Fuentes.
Clockwork Knight é un dos primeiros xogos saídos para a Sega Saturn e que vive nese primeiro paso da transición que tiveron os plataformas das 2D ás 3D. Coñece un pouco máis sobre este plataformas de Sega da man de Iago Gordillo.
O sabor dos JRPG de Square seguiu vivo nas portátiles de nintendo nas décadas dos 2000 e 2010 con xogos como este Bravely Default para Nintendo 3DS. A programadora e colaboradora de @RejugandoTV , Eva Farto é a encargada de levarnos por este xogo que continúa o camiño aberto polos remakes dos Final Fantasy III e Final Fantasy IV.
Este é o novo podcast de Recuncho Gamer no que repasaremos en cada capítulo un xogo. Hoxe vén Dani Portela, de Lambóns dixitais, para falarnos dun dos indies máis aclamados, Journey. Que fai especial a este xogo saído en Playstation 3?