Radio Manoplas

1x1 #RadioManoplas: Marta Bautista Díaz


Listen Later

Iniciamos a andaina de Radio Manoplas, podcast quincenal emitido  desde Coia (Vigo). Intéresanos escoitar a persoas que teñen vidas  inspiradoras. Media hora de programa para coñecer as súas historias  contadas por elas mesmas. O peche do programa o pon a canción escollida  pola entrevistada.

Podedes seguirnos na canle de IVOOX (https://www.ivoox.com/podcast-radio-manoplas_sq_f11151742_1.html), en ARCHIVE (https://archive.org/details/@radio_manoplas)  e tamén a través dos chíos da conta de twitter (@radiomanoplas).  Calquera dúbida, comentario ou suxestión non dubidedes en facela a  través do email: [email protected]

No primeiro programa Diego entrevista a Marta Bautista Díaz. Veciña  de Vigo, educadora social que traballa dando clase no ciclo superior de  Integración Social no colexio San José de la Guía.

Falamos sobre a súa infancia en Elgóibar, sobre coidados, sobre  educación social, sobre baile e algunha cousa máis. Pechamos o programa  coa canción que recomenda Marta: "Je veux" de ZAZ.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Radio ManoplasBy Radio Manoplas