Radio Manoplas

1x10 #RadioManoplas: Beatriz Lorenzo Caamiña


Listen Later

Nesta ocasión pasa polos micros de Radio Manoplas Beatriz Lorenzo Caamiña.

Chegamos  ás dez entrevistas coa compaña de Bea que medrou nunha parroquia de  Porriño para logo vir a Vigo. Na conversa falamos con ela sobre o  empobrecemento que a acompaña desde hai anos o que a levou a ser boa  coñecedora dos servizos sociais. Na procura de alternativas coincidimos  na Oficina de Dereitos Sociais - Coia. No libro "Renda Básica das iguais  e feminismos" explica -con claridade- o seu proceso de apoderamento no  texto titulado: "Como pasar de usuaria a persoa sen morrer no intento".

Na  conversa falamos sobre a conexión entre pobreza e saúde, no seu caso  expresada en forma de sufrimento psíquico. Pechamos o falangullo coa  peza que recomenda Bea: "E ti, só ti" de el Diluvi con Sés.

Botádenos unha man espallando este proxecto. Podedes seguirnos en Ivoox, Archive e Spotify.

+info > http://alicerces.arkipelagos.net

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Radio ManoplasBy Radio Manoplas