Radio Manoplas

1x7 #RadioManoplas: Ana Pardo Fernández


Listen Later

No séptimo falangullo de Radio Manoplas a entrevistada é Ana Pardo  Fernández. Veciña de Vigo mais dise de Pesqueiras, municipio lugués de o  Saviñao. Logo de rematar os estudos de Traballo Social na Uvigo leva  anos exercendo a profesión en diferentes entidades. Na actualidade o fai  en Provivienda, asociación onde leva a coordinación.

Conversamos  con Ana sobre traballo social, sobre a súa tarefa na coordinación, sobre  vivenda, migracións... Falamos desde Teis, barrio onde está a sede de  Provivienda, onde atopamos moitas das realidades faladas nos 25 minutos  de parolada.

Como noutras entrevistas rematamos cun tema de Los Piratas da man de Ana, a peza que pecha o falangullo é: "Años 80”.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Radio ManoplasBy Radio Manoplas