21 - Coñecendo a FOSDEM (Encontro libre Europeo de desenvolvedores de código aberto)
30/01/2020
A FOSDEM (Encontro libre Europeo de desenvolvedores de código aberto) terá lugar o 1 e 2 de febreiro.
Este é un evento gratuíto para que os desenvolvedores de software de todo o mundo podan reunirse, compartir ideas e colaborar.
Organizado por voluntarios para promover o uso xeneralizado do software libre e de código aberto ten lugar na cidade de Bruxelas (Bélxica) e está amplamente recoñecida como a mellor conferencia deste tipo en Europa.
E aproveitando que o noso compañeiro Brais estivo varias veces nela, vamos coñecela a fondo e dar unha serie de consellos para os que queiran asistir por primeira vez.
00:16 - Presentación
00:57 - Coñecendo a Fosdem
14:05 - Despedida
As músicas usadas neste programa foron:
- Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY
Feed de subscripción: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast
Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0