#24-Mancomún Podcast: WordPress con Anxo Sánchez
27/02/2020
WordPress é unha das ferramentas libres máis usadas en todo o mundo para a creación de blogs e webs.
Aproveitando que hoxe temos con nós a Anxo Sánchez García, deseñador web freelance que coñece de preto o uso de WordPress, vamos charlar con el para coñecer mellor esta ferramenta e asesorarnos para sacarlle máis partido.
Enlaces mencionandos no programa:
WordPress
https://es.wordpress.org/
Web de Anxo Sánchez
https://www.anxosanchez.com/
Escola WordPress
https://www.escolawp.pro/
As músicas usadas neste programa foron:
- Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY
Feed de subscripción: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast
Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0