Tócalle o turno aos videoxogos, e tóca falar dunha das obras mestras do ano 2015. O traballo de Toby Fox, que foi capaz de encargarse de todos os apartados técnicos e artísticos de Undertale e ofrecernos un videoxogo sinxelo e ao mesmo tempo moi profundo. Unha historia de autocoñecemento e descubrimento do mundo dende un punto de vista moi persoal, unha obra que se adapta a nós segundo a imos explorando.