Radio Manoplas

2x11 #RadioManoplas: Rita Gallego


Listen Later

A entrevistada no undécimo falangullo desta tempada é Rita Gallego.


Desde pequena foi unha cativa rebelde e cunha forte personalidade forxada nas rúas de Bouzas e Coia.

Rita é unha persoa moi activa e chea de enerxía. Gaña o salario,  escaso, traballando no Servizo de Atención no Fogar que presta ServiSAR  para o concello de Vigo. As empregadas prefiren nomear así o servizo no  canto de “axuda no fogar”, para elas a súa tarefa ten máis connotacións  que as incluídas no verbo “axudar”. O mundo laboral ocupa unha parte do  seu tempo que dedica tamén a diferentes activismos que nos últimos anos  comparte con dúas netas e dous netos.

Con ela coñecemos a actividade de centos de persoas, a maioría  mulleres, que traballan diariamente en fogares con persoas dependentes.  Un sector esencial, mais pouco valorado no que grandes empresas están a  encher os petos coa xestión de servizos públicos. Na procura de  respostas colectivas moitas compañeiras xuntáronse na Plataforma SAF  Galicia que nos últimos meses denuncia as precarias condicións destes  servizos.

Pechamos a entrevista con outra muller brava: Sés que canta "A paz esquiva”.

+info: alicerces.arkipelagos.net/radio-manoplas

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Radio ManoplasBy Radio Manoplas