Radio Manoplas

2x12 #RadioManoplas: Estefanía Rodrigues Araujo


Listen Later

A entrevistada no falangullo número doce da segunda tempada é Estefanía Rodrigues Araujo, máis coñecida por Fani.

Abrimos  a entrevista falando sobre Educación Social, estudos universitarios que  esta moza cursou no campus de Ourense. Grazas a este grao exerce de  educadora na mini residencia de protección “O Seixo”, en Vigo.

Debullamos  con ela o funcionamento do sistema de protección infantil, o cal por  desgraza segue a ser un gran descoñecido para a meirande parte da  sociedade. Para Fani é moi importante superar os estigmas que aínda  perseguen a infancia tutelada. Para ela son moi necesarios os bos  equipos de traballo nos que a comunicación e a coordinación sexan piares  nos que soster o desempeño profesional.

O coñecemento de Fani  sobre este mundo alén do académico é sobre todo vivencial. Dos 3 aos 18  anos viviu na casa de familia que as Carmelitas teñen en Vigo. Comparte o  arrepío que sentiu ao escoitar por boca dun técnico da Xunta que aos 18  anos tiña que buscarse a vida por ela mesma. Fala tamén da importancia  do vínculo coas crianzas que se atopan neste sistema.

Un pracer  escoitar a Fani e coñecer os seus posicionamentos como educadora, onde o  vínculo e o agarimo son principios básicos. Ela é exemplo de que os bos  acompañamentos e apoios son moi importantes para dar futuro ás crianzas  que pasan polo sistema de protección. Despedímonos cunha tema de  Funambulista que leva por título: "Valiente y libre".

Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en alicerces.arkipelagos.net/radio-manoplas

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Radio ManoplasBy Radio Manoplas