Radio Manoplas

2x13 #RadioManoplas: Ángeles Pardo Fontán


Listen Later

Pechamos a segunda tempada do falangullo con Ángeles Pardo Fontán.


Casualidades fixeron que nacera en Marín, mais A Coruña foi a cidade na  que se criou e Vigo -en concreto A Garrida- onde reside desde hai  décadas. Estudou no colexio da Compañía de María e logo foi até  Compostela para cursar o que agora coñecemos como Traballo Social.  Ángeles comezou a súa andaina profesional en Madrid. Foi testemuña do  nacemento e evolución da actual Seguridade Social.

Ángeles é unha muller de fe, que lle da moita importancia á  espiritualidade. Ela, xunto a Fernando o seu marido desde os 24 anos,  chegaron a Coia tras deixar Madrid. No barrio coñeceron á comunidade do  Cristo da Vitoria da man de Manolo, un dos frades dominicos. Xunto a  moitas Ángeles leva anos pulando por unha igrexa popular comprometida  coa xustiza.

Conversamos con ela sobre o independentismo galego, co que entrou en  contacto a través das súas fillas. En todo momento, e con moita  sufrimento, respectou unha loita duramente reprimida e violentada. Ao  mirar a eses anos fai un aceno de agarimo e manifesta o moito que  aprendeu desa loita.

Despedimos a entrevista con "Tempestades de Sal" de Sés, canción que pecha unha fermosa conversa con Ángeles.

+info: alicerces.arkipelagos.net/radio-manoplas

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Radio ManoplasBy Radio Manoplas