Radio Manoplas

2x9 #RadioManoplas: Sandra Senra Gómez


Listen Later

A entrevistada no noveno falangullo desta tempada é Sandra Senra Gómez.

Nada en Sanxenxo onde pasou a súa infancia. Viviu en varias cidades  galegas e tras estudar Psicoloxía chega a Vigo, onde desde hai 19 anos  traballa na libraría "Libros para soñar". Gravamos a entrevista na  libraría onde a literatura -sobre todo aquela dirixida ás cativas- é o  eixo central desta conversa.

A editorial galega Kalandraka é a impulsora desta libraría, na que  ademais de atopar un amplo catálogo de libros para as crianzas é tamén  un espazo de dinamización cultural onde hai contacontos, sesións para  bebés, formacións e tamén dúas libreiras estupendas. Sandra foi  testemuña da mudanza da zona vella de Vigo, onde se atopa a libraría,  que desde os inicios de século sufriu importante transformación. En  paralelo a estes cambios Sandra fala tamén de como evolucionou a crianza  e como con ela moitas familias comezaron a demandar actividades e  libros para as meniñas desde idades máis temperás.

Xunto ao seu irmán Sandra traduciu ao galego varios textos infantís. O  seu gozo polos libros vira en recomendacións para as persoas da súa  contorna. Sen dúbida escoitala anima á lectura, xa Sandra transmite  emoción ao falar de libros. Para rematar esta conversa ficamos coa peza  que recomenda Sandra, nesta ocasión: "Hoy puede ser un gran día" de  Serrat.

Podedes escoitar este e máis falangullos en: http://alicerces.arkipelagos.net

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Radio ManoplasBy Radio Manoplas