#35 - Cartografando con OpenStreetMap
23/07/2020
OpenStreetMap (coñecido polas siglas OSM) é un proxecto colaborativo para crear mapas editables e libres.
Os mapas créanse utilizando información xeográfica de diferentes fontes, podendo capturala directamente con dispositivos GPS móbiles, usando ortofotografías creadas con drons, helicópteros, satélites e tamén obtendo a información doutras fontes libres.
En anteriores programas xa falamos de OpenStreetMap. Hoxe vamos profundizar noutros aspectos deste gran proxecto colaborativo con Miguel Branco (@mglbranco).
Enlaces mencionados no programa
- OpenStreetMap
https://www.openstreetmap.org
- Maps.me
https://maps.me
- openeventmap.net
https://www.openeventmap.net
- QGIS
https://www.qgis.org/es/site/
- vespucci
https://vespucci.io/
As músicas usadas neste programa foron:
- Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY
Feed de subscripción: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast
Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0