Radio Manoplas

3x1 #RadioManoplas: Ana Martínez González


Listen Later

A entrevistada coa que iniciamos a terceira tempada é Ana Martínez González.


Achegámonos até A Morada para conversar con Ana. Ela xunto a Fedra e  Majo botaron a andar un proxecto que presentan como “un espazo de  encontro, un lugar de lecer, asesoramento e formación, conectado coa  comunidade e onde os coidados estean no centro”.

Ana comezou os estudos de Traballo Social en Compostela, mais unha beca  Séneca levouna até Barcelona para continuar alí a carreira. Tempos de  loita estudantil contra o plan Bolonia que lembra con agarimo e de gran  aprendizaxe.

Remata os estudos e tras traballar en Nicaragua durante algo máis dun  ano regresa a Vigo. Inicia a súa etapa en APAMP (Asociación de Familias  de Persoas con Parálise Cerebral) da que resaltamos a iniciativa de As  Bandidas. Ana e Fedra participaron xunto a mulleres con diversidade  funcional nun espazo de intimidade onde compartir experiencias á  quentura dos feminismos.

Da man de Ana falamos de feminismos, de comunidade, de diversidade  funcional, da necesidade da ledicia e da festa para crear novos mundos e  moito máis. Pechamos a entrevista cun tema que explica moi ben a Ana e A  Morada: "Libre, atrevida y loca" de Rebeca Lane.

Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en alicerces.arkipelagos.net/radio-manoplas

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Radio ManoplasBy Radio Manoplas