Radio Manoplas

3x2 #RadioManoplas: Sara Faro Lubiáns


Listen Later

A segunda entrevistada da terceira tempada é Sara Faro Lubiáns.

Sara  é unha moza de Coia, barrio ao que chegaron os seus avós desde Arbo.  Estudou no Coia 2 onde participou activamente no "Comando Igualdade",  grupo humano no que alén de formarse teceu relacións ao redor dos  feminismos que transformaron a súa vida e con ela a da súa contorna máis  próxima. Na actualidade Sara estuda "Dirección Escénica e Dramaturxia"  en Navia aínda que este curso marchou até Porto grazas ao programa  Erasmus+.

De meniña comezou no grupo de pandereteiras "Lumieiras"  onde mamou a música tradicional ao tempo que facía amizades. En 2022  Sara iniciou xunto a María o proxecto musical Fillas de Cassandra. Malia  o escaso tempo fixeron unha chea de concertos, sacaron varios  videoclips, cantaron no Luar... e no primeiro trimestre de 2023 van  sacar o seu primeiro disco. O grupo está a ter moi boa acollida e nel  xúntanse en perfecta harmonía os feminismos cos sons da terra levados a  este século.

Un gustazo escoitar a Sara falar sobre música,  feminismos, aprendizaxes... Rematamos os 25 minutos de conversa coa  recomendación de Sara: "O meu amor" unha peza de Leilía.

Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Radio ManoplasBy Radio Manoplas