Radio Manoplas

3x4 #RadioManoplas: Mariló Fernández Besada


Listen Later

Mariló Fernández Besada abriunos as portas da súa casa para gravar unha nova entrevista.

Medrou en Coia até os seis anos para logo xogar en Alcabre. Tiña vontade estudar Medicina mais a vida a levou a ser enfermeira.

En 1984, anos nos que a heroína facía unha desfeita entre a mocidade,  Mariló xunto a outros compañeiros inician o traballo no centro  preventivo e asistencial de drogodependencias (CEDRO). Fixéronse  cómplices dos doentes exercendo un traballo moi activo e comprometido  pola erradicación dos graves problemas que golpeaban as persoas  atendidas. Xunto a Antón Bouzas dinamizou o grupo de autoapoio VIH/SIDA e  adiccións “O IMÁN”.

Un pracer poder conversar con Mariló, as súas verbas son memoria de  anos de loita e acción social comprometida coa xustiza social das  persoas máis maltratadas e empobrecidas. Para pecharmos esta entrevista  Mariló déixanos coa música de Sés, neste caso coa canción: "O medo dunha  nena".

Máis entrevistas e información en http://alicerces.arkipelagos.net/radio-manoplas

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Radio ManoplasBy Radio Manoplas