Radio Manoplas

3x5 #RadioManoplas: Avelino Da Rocha Pérez


Listen Later

Avelino Da Rocha Pérez pasa polos micros de Radio Manoplas nun reencontro entre entre alumno e profesor da escola infantil.

O entrevistado medrou en Tui, nun internado onde máis tarde comezou a  súa andaina laboral como educador en anos nos que Educación Social non  existía como título universitario.

En 1984 abre en Coia a escola infantil “Rosalía de Castro”-daquela  nomeada como gardería- e Avelino xunto a un numeroso grupo de educadoras  inicia unha etapa marcada pola procura de formación así como pola  necesidade de crear do centro un lugar agradable no que as crianzas  puideran despregar con liberdade e tranquilidade as súas capacidades.

Coincidindo co desastre do Prestige Avelino deixa a escola e marcha  para o edificio administrativo da Xunta de Galiza en Vigo onde pasa a  traballar con adolescentes no servizo encargado do cumprimento das  medidas fixadas polo xulgado de Menores.

Avelino desprende o goce pola educación, unha tarefa que desempeña  dende a relación, o cariño e a profesionalidade que merecen os máis  cativos das nosas comunidades. Remata a entrevista cunha desas cancións  imprescindibles no repertorio de Avelino e que cantaba coas crianzas: “A  Carolina” nesta ocasión interpretada por Fuxan os Ventos.

Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.

+info: http://alicerces.arkipelagos.net

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Radio ManoplasBy Radio Manoplas