Cando Begoña Caamaño comeza a traballar na radio en Vigo, atopa nas redaccións, na rúa e nas roldas de prensa a un grupo de mulleres que, coma ela, comezan a chegar a un oficio ata entón moi masculinizado. Son eses primeiros ambientes de xuventude os que espertan nela unha conciencia feminista que será, de maneira transversal, o motor da súa vida.
Fe de erratas: Begoña faleceu no 2014, non no 2012, como se di nun momento determinado.