#46-Mulleres no software libre. Así nolo contaron elas en 2020 en Mancomún Podcast
14/01/2021
A Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol) e a Xunta de Galicia, lanzaron no ano 2020 a terceira edición do programa ‘GIRL STEM: derrubando estereotipos’, que busca reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos nos campos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), nas que o alumnado feminino representa un 29% do total de persoas matriculadas.
O programa achegou seis conversas gravadas con mulleres referentes, que achegaron a súa experiencia ás rapazas, falando da súa traxectoria, clarificando dúbidas e contribuíndo a derrubar estereotipos.
De forma similar, no campo da informática e das telecomunicacións, a problemática da presenza feminina é parecida (incluso peor no tocante á porcentaxe de mulleres matriculadas nestas carreiras).
Partindo deste contexto, no mundo do software libre vamos atoparnos coas mesmas cifras, polo que para contrarrestalo, dende Mancomún vimos traballando para dar visibilidade á existencia de mulleres no software libre.
Aproveitando que rematou o ano, vamos facer un repaso das mulleres que pasaron polos micros de Mancomún Podcast.
Enlaces mencionados no programa
- Asociación Galega de Empresas de Software Libre
https://www.agasol.gal/
- GIRL STEM: derrubando estereotipos
https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/girl-stem
As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Canción “Leavin The Lights” by Jason Shaw on Audionautix, CC BY 4.0
Music by Jason Shaw on https://audionautix.com/
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Feed de subscripción: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast
Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0