#47-Mancomún Podcast: Repaso da OSHWDem 2020
28/01/2021
A OSHWDem 2020 tivo lugar o pasado 7 de novembro, ao longo de todo o día e en formato en liña por primeira vez na súa historia.
Hoxe, contamos novamente con Iraisy Figueroa (coa que xa charlamos noutras ocasións sobre nenos e tecnoloxías libres). Iraisy é Enxeñeira Técnica Industrial, moi relacionada co mundo maker galego e unha das principais organizadoras da OSHWDem, xunto a outros compañeiros de Bricolabs e entidades.
Queremos facer un repaso a esta feira de tecnoloxías e hardware libres tan interesante e coñecer mellor ás persoas que axudaron a que leve a bo termo.
Enlaces mencionados no programa
- Bricolabs
https://bricolabs.cc/
- OSHWDem
https://oshwdem.org/
As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Canción “Leavin The Lights” by Jason Shaw on Audionautix, CC BY 4.0
Music by Jason Shaw on https://audionautix.com/
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Feed de subscripción: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast
Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0