Carretando

4X06| Reto demográfico: Galicia a dous ritmos


Listen Later

Galicia votará o vindeiro 18 de febreiro e nós seguimos coa programación habitual neste contexto de (agora xa de xeito oficial) precampaña. Continuamos abordando os grandes retos aos que nos enfrontamos cun episodio sobre despoboamento.
O reto demográfico é unha das cuestións fundamentais nun país a dúas velocidades, cun flanco occidental que conta con certo dinamismo e un oriental que esmorece. Como se vertebra o país?
Para responder a isto contamos coa participación de Carlos Ferrás, xeógrafo e profesor da Universidade de Santiago; e Antom Fente, de Interior Galego Vivo, que nos aportará unha visión máis política.
Benvidos, benvidas e benvides a unha nova viaxe na nosa autocaravana nunha ruta que ten unha primeira gran parada: o domingo 18F.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

CarretandoBy Carretando