Carretando

4x08| Ana Pontón: A construción do sorriso no BNG


Listen Later

A piques de comezar a campaña electoral e coa crise dos microplásticos e as numerosas enquisas marcando a axenda, Carretando achégase á figura da líder da oposición e candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galicia, Ana Pontón.
Facemos un repaso pola traxectoria da política sarriá, dende a súa toma de conciencia política no seu paso polo instituto, ata a súa andandura por Galiza Nova e a transformación orgánica que levou a cabo dentro do proxecto nacionalista. Agora, Pontón e o BNG afrontan unha oportunidade histórica, a de investir á primeira presidenta da democracia de Galicia.
Da man de Ana Luísa Bouza, da revista Luzes, e Juan Oliver, de Público, trazamos o perfil da esperanza nacionalista para este 18F.
Sube connosco nesta nova viaxe :)
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

CarretandoBy Carretando