Seguimos coas mesas de análise con convidadxs de luxo neste #Carretando18F falando do principal tema da semana: o #DebateCRTVG.
Con Belén Teiga, Manuel Ortigueira, Ana Luísa Bouza e David Lombao analizamos como lle foi a cada partido nel e tamén como lle podería afectar acudir ou non aos que están previstos. Asemade, trazamos a perspectiva xeral de como está a ser o devir da campaña electoral agora que comeza a recta final e imos afinando as nosas #PorraCarretando18F.
Agradecemento aos grupazos Nimbos e Familia Caamagno pola cesión da súa música para dárlle cor aos nosos programas.