Neste episodio poñeremos en dúbida un dos temas máis polémicos: o ventre de alquiler. ¿É lícito e lexítimo mercantilizar o corpo doutra persoa polo desexo dunha parella? Poderás escoitar dende o debate arredor desta cuestión, ata unha análise sobre lexislación desta acción en distintos países do mundo. Remataremos reflexionando sobre como afecta unha mala xestión política aos dereitos humanos das persoas implicadas, e cunha sección especial:
¿serías quen de adiviñar que famosas utilizaron a xestación subrogada?