#55-Mancomún Podcast: BioStatFLOSS, recompilación de software libre para epidemioloxía con Miguel Muíños
20/05/2021
Nos últimos meses a palabra epidemioloxía utilizouse moitas veces debido á pandemia.
Como en calquera ciencia hoxe en día, a epidemioloxía precisa de ferramentas informáticas para o seu estudo e para levar a cabo traballos de investigación. Pensamos que no campo da ciencia, o software libre debería ser do máis empregado a día de hoxe, pero non sempre é así.
Hoxe contamos con Miguel Ángel Rodríguez Muíños, Técnico Informático de profesión, cabaleiro andante do Software Libre por vocación e músico amateur por afición, según se define a si mesmo no seu twitter. Ademais é membro activo da Asociación Melisa.
Miguel leva uns anos facendo unha completísima recompilación de software portable para Windows, de libre distribución, especialmente indicado para a realización de estudos bioestatísticos, epidemiolóxicos e de saúde en xeral. Bautizado co nome de BioStatFloss.
Enlaces mencionados no programa
Miguel Muíños
https://twitter.com/mianromu
Epilinux
https://www.sergas.es/Saude-publica/Epilinux?idioma=es
BioStatFLOSS
https://www.sergas.es/Saude-publica/BioStatFLOSS?idioma=ga
AudioFloss
https://audiofloss.melisa.gal/
As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Canción “Leavin The Lights” by Jason Shaw on Audionautix, CC BY 4.0
Music by Jason Shaw on https://audionautix.com/
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Feed de subscripción: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast
Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0