Radio Manoplas

5x2 #RadioManoplas: Mari Mar Revuelta Álvarez


Listen Later

A segunda entrevistada da quinta tempada é Mari Mar Revuelta Álvarez.

Mari Mar naceu en Turón, na cunca mineira de Asturias, en 1944. Con 18 anos ingresou na congregación das ⁠Dominicas da Anunciata⁠. Eran tempos de transformación na Igrexa: Concilio Vaticano II, Teoloxía da Liberación... e foi nas Dominicas onde Mar construíu unha vida para e coas xentes de abaixo.

A súa vida relixiosa levouna por Bilbao, Brasil, Portugal e Coia (Vigo), onde leva vivindo desde hai máis de tres décadas. No Brasil, participou activamente no ⁠Movimento Sem Terra (MST)⁠, anos nos que unha parte da loita consistía en tomar a terra dos fazendeiros para aquelas familias privadas dos mínimos para a vida. Mar atopou alí unha Igrexa apegada á vida das persoas máis empobrecidas, que se organizaba en comunidades eclesiais de base. O tempo no Brasil rematou por motivos familiares e, en 1990, destinárona a Vigo.

Na parroquia do "Cristo da Vitoria" de Coia atopou unha organización semellante á que ela vivira no Brasil. Mar encontrou acubillo nesta comunidade, onde viviu xunto a persoas como Marina ou Carmen. O seu compromiso levouna a participar no grupo IMÁN, na ODS-Coia, na loita na rotonda de Coia... cun modo de estar marcado sempre pola firme defensa da dignidade e dos dereitos das máis empobrecidas.

Pechamos a conversa agradecendo a súa constancia, a firme defensa da xustiza e o agarimo que acompañan o facer de Mari Mar. A despedida musical é unha peza que leva por título "Canto do barrio" e que, polo momento, só poderedes escoitar asistindo a algunhas das celebracións que se fan na parro.

Escoitade na web: http://alicerces.arkipelagos.net e nas prinicipais plataformas de podcast.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Radio ManoplasBy Radio Manoplas