PrestoCast

73. Arde Woke | Conxecturas | José Antonio Martínez


Listen Later

This is episode 74 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on June 14, 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Domingo, 14 de xuño.

Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
13 persoas enriba do escenario. Todas vestidas de negro, saúdan ao público que as continúa a aplaudir. Acabo de asistir ao estreno de Arde Woke, obra do Teatro Comunitario de Redondela.
Máis de 1 hora de posta en escena, cun guion que nos leva a un grupo de teatro que quere representar, adaptada ao noso tempo, a obra Luces de Bohemia de Valle Inclán.
Sempre quixen participar, actuar, nun grupo de teatro, e visto as interpretacións de onte, estou moi lonxe dese obxectivo. Actuar non é doado, e ser quen de transmitir sentimentos variados, do case cómico á ira, moito menos. Apoiados nun bo guion, nunha moi aproveitada posta en escena, loce todo o elenco.
O máis importante. Ver estreado o traballo deste grupo de teatro comunitario. Que o comunitario, o afeccionado, poida ver a luz. É aí onde o éxito de crítica e público está asegurado.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

PrestoCastBy Prestocast Podcasters