Mancomún Podcast

#76 - Gcompris, suite de xogos educativos, con Baltolkien


Listen Later

#76 - Gcompris, suite de xogos educativos, con Baltolkien

03/02/2022

Hoxe falamos con Baltasar Ortega Bort, Licenciado en Físicas que traballa como profesor de Secundaria. Baltasar, ou Baltolkien como é coñecido na rede, é usuario de KDE e de software libre desde fai tempo. Tanto lle gusta KDE, que é o editor de KDE Blogue, un blogue que recomendamos encarecidamente desde Mancomún, para estar ao día de todo o relacionado con KDE, a súa comunidade, en idioma español.
Colabora tamén en KDE Podcast España, un videopodcast onde nos traen interesantes entrevistas e noticias relacionadas co mundo KDE. Compaxina todo isto sendo membro activo das asociacións KDE España e de GNU/Linux València. Pero trouxémolo principalmente porque coñece ben e usa nas súas clases Gcompris, unha suite de xogos educativos que queremos dala a coñecer á nosa audiencia.

Enlaces mencionados no programa

KDE Blog
https://www.kdeblog.com/

Baltolkien
https://twitter.com/baltolkien

Gcompris
https://gcompris.net/index-gl.html

Charla sobre Gcompris en UjiLliurex 2021
https://www.youtube.com/watch?v=1cA8Y1lmSoE

As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Canción “Leavin The Lights” by Jason Shaw on Audionautix, CC BY 4.0
Music by Jason Shaw on https://audionautix.com/
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)

Feed de subscripción: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Mancomún PodcastBy mancomun.gal