PrestoCast

78. Total, para que? @expattere | Conxecturas | José Antonio Martínez


Listen Later

https://prestocast.com/expattere/25

Venres, último día de xornada lectiva, 19 de xuño.

Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
Esta semana, durante varios días, acabei todos os prestos que sigo, até o punto de que entraba a media tarde e non tiña nada coñecido que escoitar. Non se me deu tampouco por descubrir prestos novos.
Contaba onte, despois de moito tempo sen publicar, @expattere, "Total, ¿para qué?" E dinos que non publica desde hai máis dun mes non porque non tivese nada que contar, senón polo que denomina unha sensación tonta de "total, para que". Pois a verdade é que me gusta escoitar a súa voz e as súas historias, coa chuvia de fondo, en 49N 2W, un sitio onde realmente existe a roupa de entretempo e que nos leva a un territorio que parece inventado.
Alégrame que outros prestocasters, que sigo diariamente, @galegogeek, @jeanbedel e @dmarzal comentasen este presto, que non sei se responde á pregunta do presto, mais que demostran que o que Teresa comenta resoa coma son das ondas dun día de inverno na Canle da Mancha (dígoo polas películas, xa que nunca estiven alí).

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

PrestoCastBy Prestocast Podcasters