Mancomún Podcast

#79 - Primeiro especial sobre Hardware libre


Listen Later

#79 - Primeiro especial sobre Hardware libre

17/03/2022

A filosofía do software libre é tamén aplicable á do hardware libre, e por iso forma parte da cultura libre, un tipo de cultura que nos gusta moito en Mancomún Podcast. Chámase hardware libre, hardware de código aberto, electrónica libre ou máquinas libres a aqueles dispositivos de hardware cuxas especificacións e diagramas esquemáticos son de acceso público, xa sexa baixo algún tipo de pago, ou de forma gratuíta.
Empezamos hoxe unha serie de programas especiais en torno ao hardware libre, acompañados de moitos apaixonados desta cultura, que seguro nos achegarán moitos coñecementos e puntos de vista interesantes en torno ao hardware libre.
Nestes programas especiais sobre hardware libre, teremos varias seccións para poder profundizar en varios aspectos: noticias, tecnoloxía inclusiva, un pouca de historia, información sobre smartphones libres e algunha sección máis técnica, sobre aplicacións para hardware libre e dispositivos open embedded.
E finalizaremos o programa cun faladoiro sobre algún tema que nos pareza interesante tocar, como a robótica en educación no caso deste primeiro programa. Esperamos que vos gusten estes programas especiais.

Colaboradores deste programa
Iraisy Figueroa, Juan Febles, Manuel Miramontes, Sergio Alvariño, José Antonio González, Mateo González e Rafa Couto.

Enlaces mencionados no programa

EsLibre en Vigo
https://eslib.re/2022

Certificación de proxectos Hardware Libre
https://application.oshwa.org/

Compartir proxectos de Hardware Libre
https://www.openhardware.io/

Europa abraza o hardware libre para librarse da dependencia de EE UU e China
https://elpais.com/retina/2020/02/18/tendencias/1582023556_258635.html

Week arduino
http://week.arduino.cc/events

Grupo de investigación CITIC
https://talionis.citic.udc.es/match/

Sección Open embedded
https://es.wikipedia.orembeddedg/wiki/Microcontrolador
https://es.wikipedia.org/wiki/Placa_computadora
https://www.raspberrypi.com/products/
https://docs.arduino.cc/

As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
- Canción de Speedsound:
https://opengameart.org/content/sky-vibe-high-frequency CC BY-SA 3.0
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)

Feed de subscripción: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Mancomún PodcastBy mancomun.gal