Mancomún Podcast

#85 - Reportaxe da esLibre 2022


Listen Later

#85 - Reportaxe da esLibre 2022

29/06/2022

Aproveitando que están volvendo os eventos presenciais, asistimos en Vigo, á edición 2022 da esLibre.
esLibre é un encontro de persoas interesadas nas tecnoloxías libres, centrada en compartir coñecemento e experiencia ao seu redor. Nesta ocasión, as comunidades GALPon e AGASOL fixeron posible que nos reuníramos nos espazos MARCO (Museo de Arte Contemporáneo de Vigo) e no MUTA (Espazo Mutante para Eventos en Vigo), onde se celebraron estas xornadas de coñecemento libre. Tiveron lugar moitas charlas, obradoiros e salas comunitarias, en 4 tracks simultáneos. Contouse co apoio de diversas asociacións como Interferencias e LibreLabGRX, e outras organizacións como a OfiLibre de la Universidade Rey Juan Carlos, Wikimedia España e a Asociación Melisa. Tiveron como patrocinadores á Xunta de Galicia e á empresa Librebit.
Participaron nesta edición un gran número de mulleres cos seus relatorios e obradoiros, así que aproveitamos para facer entrevistas a moitas delas nesta reportaxe que podedes escoitar a continuación. Esperamos que vos guste.

Enlaces mencionados no programa
esLibre
https://eslib.re/2022/

As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
- Canción de Speedsound:
https://opengameart.org/content/sky-vibe-high-frequency CC BY-SA 3.0
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)

Feed de subscripción: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Mancomún PodcastBy mancomun.gal