Este venres volven as noites brancas… os museos abertos ata a madrugada cunha chea de actividades. Imos ver que hai para que vaiades facendo plans, se vos interesa. Concertos, visitas guiadas orixinais, catas...
E de comida tamén falamos. Da que tiramos.. canta? Diariamente igual non o miramos tanto… pero nas festas!!!! ahhh, ahí sí, eh? Esas sobras do domingo inda andan dando voltas o venres na neveira.
Vai un test da OCU... https://www.ocu.org/alimentacion/alimentos/calculadora/test-tirar-comida
Imos comer fora, levamos o que sobra do restaurante no tapper? Compramos a fruta pasada mais barata ou preferimos a fresca? Conversamos co Restaurante Moisés e mais coa Tenda de Inés, aquí na parroquia, a ver como son os nosos hábitos como consumidores.