A Galería 2.0

A Galería 130525


Listen Later

#Destacadas:
🤣29´
#Gerundina está dacordo con Ricardo Terceiro que hai que correxir o erro histórico da rúa #IrmánJoséESeverinoTrigo, (que non eran irmáns, eran pai e fillo), pero, "... e despois como lle chamamos a esa calle. Vaia liada nos metiches!".
📘43´
#ORuralEsquecido Convidamos a Jose Antonio Lopez Blanco, a persoa que máis sabe sobre a historia de #OMintireiroVerdadeiro, o almanaque agrícola que comezou a publicarse en 1963 ideado polo cura de #Filgueira, Concello De Palas De Rei. O noso convidado traballou tamén durante un ano no que chegaron a editar máis de 15.000 copias. Ó mellor aínda tedes un pola casa.
O Mintireiro Verdadeiro
🪗70´
O 24 de maio chegará unha nova edición do festival #MangueloFolk a #Orazo, que dará o inicio a festivas, foliadas... na zona. Dende Asociación Socio Cultural Coto Manguelo falamos con Icia Dieguez que nos contou todo o que teñen programado, falounos das camisolas e das bolsas e que tamén, para ese día, xa levaron os ovos a #SantaClara.
🚣‍♀️88´
Comezamos hoxe un concurso para o sorteo dun desconto do 50% para unha excursión que organiza a Asculxuv Río Gallo-Cuntis: 6, 7 e 8 de xuño, viaxe e descenso do #RíoSella. Participa!
🏖106´
Abrimos nova lista para o sorteo dun lote de rifas da comisión #SanPaio25. Temos en xogo unha viaxe a #PuntaCana 9 días e 7 noites.
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina
nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

A Galería 2.0By RadioEstrada