#Destacadas:
🙋♀️O Ies Avelina Valladares celebrará esta tarde no Teatro Principal A Estrada, ás 17hrs., a novena edición da súa #RevistaViva con teatro, música, recordos do curso que xa remata... e como convidado terán ó actor e cómico Federico Pérez Rey.
Ademais, presentarán oficialmente a nova imaxe corporativa do IES e que realizou Rosa de Cabanas.
Falamos en primeiro lugar...
👏14´
... coa directora do centro, Beatriz Quintela Rúa, que logo de 15 anos remata a súa etapa no Ies Avelina Valladares...
🕺95´
... e chamamos tamén a un dos profes organizadores da #RevistaViva, Román Cerqueiro Landín a a unha alumna, Paula Brea Brei que fará doblete esta tarde: presentadora e pandereteira.
🔥36´ #ORuralEsquecido
Acabamos tempada con Merche Nodar Sanmartin falando da festa do #SanXoán: orixes, tradicións...
🤣57´#Gerundina
Está preocupada porque como lle dixo a súa curmá Marisol, "os bombóns ó sol derrétense".
🌷69´#OFaiadoDasPapoulas
Ese é o título do novo poemario que asina Baia Fernandez, (coa participación de Cavalinho Do Demo Paula Pereira e Martinho Picallo), e que agora mesmo está en fase de financiamento. Si queres participar tes que seguir este enlace
👉 https://www.verkami.com/locale/gl/projects/40892-o-faiado-das-papoulas
Baia explicounos como foi o proceso creativo deste "... libro de poesía intimista que abre xanelas a memorias da linaxe feminina. É como sandar con palabras cada doenza profunda."
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina
nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)