A Galería 2.0

A Galería 200525


Listen Later

#Destacadas:
🚣‍♀️18´
ültimos días para participar no concurso xa que imos sortear xa o desconto do 50% para ir de fin de semana a Asturias e facer o #decenso do #RíoSella o 6, 7 e 8 de xuño, agasallo de Asculxuv Río Gallo-Cuntis.
Aínda estades a tempo de mercar os vosos #billetes, tamén.
🚶‍♀️38´
#RuralEsquecido Temos novo destino con Merche Nodar Sanmartin que hoxe "levounos" ata o Concello de Forcarei a coñecer o castro de #Gareillas ou de #Rodeiras, un espazo de fácil acceso, en boas condicións, grande... e que nos da unha visión perfecto sobre este tipo de poboados.
❤️‍🩹67´
O Concello A Estrada promove a utilización da aplicación para telefonía móbil Cardioangel coa que mediante unha alarma a outros móbiles, pedirá axuda a persoas que estén sufrindo un paro cardíaco. Carlos Martínez é un dos responsables desta app e díxonos tamén que o sábado, no #MOME, teremos unha xornada de formación en #RCP Reanimación Cardio Pulmunar á que podemos acudir para, en 10´, aprender a técnica.
👉79´
Na presentación de onte, Manuel Martínez, un dos membros do Servizo de Emerxencias A Estrada, contou, dende unha historia real, como calquere podemos aprender e ultilizar esta técnica de reanimación.
🏖90´
#Gerundina preguntou que faríades si vos toca a viaxe a #PuntaCana da comisión #SanPaio2025: pulserita e a cebarse ou optaríades por coñecer a cultura, tradicións e sociedade "puntacanesa"?
Participade que o venres teremos novo sorteo dun lote de rifas.
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina
nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

A Galería 2.0By RadioEstrada