A Gruta de Gizamaluke

A Gruta de Gizamaluke

By Revista MorcegoLeisureVideo Games
Download on the App Store

A Gruta de Gizamaluke episodes

  • A Gruta de Gizamaluke - 6x08 (O'DERRADEIRO)
    Chegou ese día, o día da despedida. A Gruta de Gizamaluke remata logo de 216 programas e unha chea de conversas e boas lembranzas.
    Volveremos? De seguro que algún día si, mais toca descansar, durmir, pechar a porta da cova e xa se verá que trae o tempo.
    Grazas por estardes aí sempre, desde o inicio. Este falangullo sempre será un lugar seguro, unha casa e un faro nas tebras. Apertas, de corazón.
    1 hr 19 min
  • A Gruta de Gizamaluke - 6x07
    Imos co penúltimo capítulo da tempada, un capítulo onde comentamos dúas das conferencias máis importantes do verán como foron as de Microsoft e o Summer Game Fest. Nostalxia de E3? Pois si, non imos agochalo.
    1 hr 33 min
  • A Gruta de Gizamaluke - 6x06
    Seguimos falando da industria dos videoxogos, das súas obras, das súas cousas, das nosas vidas.
    O equipo non comeza ao completo, pero acaba xuntiño. Charlie, Sara, Ana e Juan percorrendo as ondas dixitais.
    1 hr 18 min
  • A Gruta de Gizamaluke - 6x05
    De novo aquí estamos, cumprindo o obxectivo con marzo e facendo doblete mensual.
    Falamos de DLCs, de Rise of the Ronin, de Nintendo Switch 2 (?) e dalgunhas outras cousas neste novo capítulo.
    Graciñas por escoitar (e ver!)
    Apertas!
    1 hr 26 min
  • A Gruta de Gizamaluke - 6x04
    Pois alá imos, seguimos avanzando e comentando as cousas que pasan este ano 2024!
    E que sinalamos? Palworld, Final Fantasy VII Rebirth, Xbox sacando xogos en PlayStation... esas cousiñas.
    1 hr 12 min
  • A Gruta de Gizamaluke - 6x03
    Primeiro programa do ano 2024, chegamos até unha nova cifra, chegamos na sexta tempada até limites insospeitados!
    Falamos, como non, de videoxogos e esas lerias, da industria, da conservación das obras dixitais, do novo Prince of Persia, algo de Elden Ring, de Ubisoft... o típico e básico!
    Vémonos, coma sempre, tamén no YouTube (Aínda que desta vez, coido que en dúas partes)
    1 hr 6 min
  • A Gruta de Gizamaluke - 6x02
    De novo aquí, na trincheira dixital, nas ondas visuais, no YouTube, facendo un falangullo sobre videoxogos.
    Podedes imaxinar de que imos falar: GOTYs, GTA VI, Fntastic etcétera.
    O derradeiro programa do ano vén con conversas e sorrisos, mesmo con 'face reveals' que tanto prestan. Boas festas, xente! Entrade ben e mellor que ben no 2024.
    1 hr 38 min
  • A Gruta de Gizamalule - 6x01
    Coa equipa ao completo, o que inclúe a volta de Sara, comeza de xeito oficial a nova tempada da Gruta de Gizamaluke.
    Non tivemos todas as cámaras, pero podía ser peor. De novo, falamos de videoxogos: Marvel's Spider-Man 2, Baldur's Gate 3, os GOTY, o GTA VI... e máis.
    Cada mes, en todas as plataformas habituais de audio (Spotify, Ivoox...) e agora, tamén, no YouTube.
    1 hr 19 min
  • A Gruta de Gizamaluke - 6x00
    Nova tempada, novo formato, novas conversas.
    A tempada 6 trae versión en vídeo, mais non esquece o audio polo camiño.
    Agora iremos con menos temas, pero máis palabras para cada un. Desta vez tocou falar do FF XVI, do Blasphemous 2 e un pouquiño (bastante) de como estamos a ver a industria dos videoxogos e as súas comunidades.
    1 hr 21 min
  • A Gruta de Gizamaluke - (5x38)
    FINAL DE TEMPADA! Chegamos ao mes de xullo algo cansos, non imos mintir. Comezamos este camiño con outras cargas laborais e persoais, mais aquí seguimos, tratando de manter a nave no aire e a gruta limpa.
    Graciñas por seguirdes, por escoitar este falangullo coas orellas abertas e por todas esas mensaxes que van quedando no Discord. Querémosvos!
    Vémonos en setembro, coma os bos rencontros.
    1 hr 17 min

About A Gruta de Gizamaluke

From the publisher's feed

O teu podcast sobre videoxogos en galego. Un falangullo onde repasamos a actualidade da industria, conversamos sobre títulos, analizamos xogos e, en xeral, estamos de parola.