A Lareira podcast

A Lareira podcast

Download on the App Store

A Lareira podcast episodes

  • T3 E1 "Chichi e mais eu" Nico Campos e a recuperación do humor do seu pai

    Nico Campos vennos falar do seu documental finalista aos Mestre Mateo "Chichi e mais eu" e do libro "Estampas dun mundo elegante". Obras que poñen en valor a obra do humorista gráfico, guionista e "artistiña" Xesús Campos "Chichi" a quen se lle adica este ano o Día da Ilustración. Unha obra que tardou 12 anos en rematar e que serve coma homenaxe póstuma.

    41 min
  • T2 D2 "Juanucha: Contrabando, guitarras e armas no avión" Diáspora 2

    Neste episodio coñecemos a Juanucha, emigrante retornada oriunda de Ribeira. Aos seus case 90 anos estívonos a contar as suas aventuras e desventuras na emigración en Newark (New York). Muller de Julián, o practicante de Ribeira, marchou cada el cando decidiu facer as américas, onde estiveron a traballar deixando aos fillos en Galicia. 

    Juanucha falounos dos tempos do contrabando na súa vila natal, do nacemento da festa da Donra e do seu traballo na diáspora; nunha fábrica de armamento primeiro e de guitarras despois.

    Anos de traballo que culminaron na súa volta a Ribeira cunha pistola gardada entre a equipaxe.

    Estas e moitas historias máis, na Lareira de hoxe.


    53 min
  • T2 E2 "Queco Lago e a súa primeira canción, Mírame"

    O cantautor pontevedrés Queco Lago vén Á Lareira presentarnos a súa nova canción "Mírame", o seu vindeiro videoclip e facer un percorrido polos seus temas e versións máis soados.

    Intercalamos parola e músicas, escoitando e falando sobre as composición máis persoais de Queco; o que significa para el expresarse a través da música, micros abiertos, proxectos de futuro, recomendacións musicais e literarias, e as amizades creadas a través desta arte.

    47 min
  • T2 "Karina Espinoza, Neofalante Costarricense" A Lareira Diáspora 1

    Inauguramos a Tempada 2 de A Lareira coa primeira entrega da nova serie de podcasts "Diáspora: Conversas con galegos de acolá."

    A primeira convidada é Karina Espinoza, costarricense de nacemento e galego falante de corazón.Tartas de Santiago, Shin Chan en galego, Neira Vilas e rapaces de Riazor que che fan ser do Celta de Vigo. 

    1 hr 6 min
  • Pablo Lamosa e os efectos visuais dende Galicia

    Hoxe ven ao podcast o compositor de vfx Pablo Lamosa. Despois de anos traballando en Madrid en El Ranchito e Deluxe Films, en producións do calado de Xogo de Tronos, volta á Galicia para fundar o estudo "Cormorán vfx" no seu Bueu natal.

    Pablo vennos falar da súa profesión, do traballo nos efectos en Xogo de Tronos e como é traballar dende Galicia

    48 min
  • Olaxonmario Mario Brión na Lareira
    No programa de hoxe, Mario Brión veu pasar o rato e falar da súa visión da Gallaecia, do galego, do "postureo da peña" e a presentarnos as súas novas camisolas de merchandising.
    Deunos tempo tamén de estilo, prexuizos e rememorar os vellos tempos pola facultade
    40 min
  • O oso de Salcedo con Aitor Rodríguez e Raquel Besteiro
    Hoxe é luns de Entroido e ímolo celebrar traendo a unha das personaxes máis ancestrais do entroido galego. Dos montes de Salcedo, baixa o oso nun ritual de orixe agraria, símbolo do fin da hibernación e do comezo da primavera.
    Na Pobra de Brollón no corazón dos montes lucences segue viva unha tradición cuxa orixe perdouse no máis remoto dos tempos.
    31 min

About A Lareira podcast

From the publisher's feed

Podcast en galego sobre Cine,música, literatura,ciencia, cultura pop e o que xurda.