Lembrades a ruta Quetzal con Miguel de la Quadra-Salcedo? Unha aventura "á galega" moi parecida pode ser camiñar polos montes que bordean a ría de Vigo, os do interior de Galicia ou ir quizais un chisco mais lonxe (ós de Albania, Laponia...) coa Senda do Moucho. Conversamos con Gerardo Carrera.
Para os amantes do queixos, imos falar do World Cheese Awards, que se celebrou en Bérgamo (Italia) a semana pasada e hai unha chea de queixos españoles entre os mellores. Moitos feitos con leite de cabra... e polo medio colouse algún queixo galego.
E unha voltiña polo ceminterio de Pereiró para coñecer os nosos ancestros ilustres. Hoxe Isaac Fraga, emigrante ourensano, empresario cinematográfico e impulsor do Teatro Fraga en Vigo.