Programa radiofónico adicado a conmemorar o bicentenario de Mourelle dende o seu pobo natal en Radio Roncudo e Radio Neria. Espazo que se emite os venres ás catro da tarde e mércores ás dez da noite, presentado por Suso Lista e María Suárez. Cada semana faremos un repaso polo máis destacado das viaxes de Mourelle.