RADIO NOVA

ALFONSO RUEDA CAMBIO DEPUTADOS PROVINCIAIS


Listen Later

O alcalde de A Lama, Jorge Canda Martínez, será o primeiro veciño deste municipio, desde a Transición, que acade o posto de deputado provincial despois de que o presidente do PPdeG na provincia de Pontevedra, Alfonso Rueda, anunciara que se cumprirá o compromiso de relevo na Deputación e que o rexeidor lamense se incorporará en setembro a estas labores no Pazo Provincial.
Jorge Canda manifestou a súa satisfacción pola decisión do partido que "ven a supor un fito para os veciños e veciñas da Lama que verán cumprido o seu desexo de que unha persoa daquí ocupe un dos escanos da Deputación Provincial, cousa que non sucedía desde que chegou a Democracia ao noso país".
Canda manifestou que o seu compromiso cos veciños e veciñas da Lama seguirá intacto e "con maior orgullo e responsabilidade se cabe porque non só me toca a min levar a voz dos meus veciños á Deputación senón tamén a dos veciños e veciñas da nosa contorna que terán en min un portavoz das súas inquedanzas e das súas reclamacións ante o organismo provincial", manifestó Canda Martínez.
"A verdade é que podería facer moito máis si gobernara o Partido Popular na Deputación, pero co bipartito tentarei que se escoite as xustas reclamacións dos veciños e veciñas que viven no rural da provincia e que tamén teñen dereito a ser tratados pola Deputación como cidadáns de primeira e non como ata agora onde parece que para esta institución, a que realmente se tiña que ocupar de axudar aos municipios máis modesto, non existimos; pero aí estaremos cunha voz clara e forte defendendo os intereses xerais dos nosos veciños e veciñas", sentenciou Jorge Canda.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

RADIO NOVABy RADIO NOVA