Alberto Rodríguez falou no magazine desta mañá con Álvaro Miranda, un dos coordinadores do Verán Activo que pon en marcha por cuarta edición a Escola de Fútbol da SCD Pontecaldelas. Casi 130 nenos e nenas están xa inscritos e participarán nunha ludoteca-campamento urbán con multitude de actividades e de excursións que os levarán por emblemáticos lugares da provincia.
A cargo desta iniciativa están unha ducia de monitores deportivos e de tempo libre vencellados coa Escola de Fútbol do Pontecaldelas que estarán encargados de realizar infinidade de xogos de aprendizaxe, deportivos, zumba, karaoke, etc.
ESCOITA AQUÍ: